Creación de Sendeiros
Os sinais de GR e PR son marcas rexistradas en España pola FEDME e ninguén as pode usar sen o seu permiso.
En Galicia o permiso é xestionado a través da Federación Galega de Montañismo - FGM -.
PROCESO
- Idea ou deseño da ruta ou rede de rutas.
Responsable: o Promotor ou SEGATUR
- Elaboración dun informe técnico denominado EDS (Estudo de Definición de Sendeiro) asinado por un Técnico galego con titulación FEDME e autorización da FGM (Federación Galega de Montañismo)
Responsable: SEGATUR
- Pagamento das taxas de homologación e revisións da FGM
Responsable: Promotor
- Sinalización segundo normas vixentes de rutas sendeiristas homologadas
Responsable: o Promotor ou SEGATUR
- Revisión de final de obra e, se é positivo, comunicación á FGM para que realice a homologación.
Responsable: SEGATUR
- Revisión do técnico homologador da FGM e emisión do informe positivo (se detecta algo negativo e non pode emitir un informe positivo poderían incrementarse as taxas do punto 3)
Responsable: FGM
- Publicación dos folletos da ruta segundo modelo normalizado FGM - Recoméndase unha tirada mínima de 5000 exemplares.
Responsable: SEGATUR
- Publicación de información na web.
Normas de Sendeirismo en Galicia
Listaxe de normativas relativas a sendeiros homologados no territorio competencial da Federación Galega de Montañismo.