SEGATUR
  Inicio   >>  Publicacións
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

RUTAS PARA CAMIÑAR POR GALICIA

Durante o ano 2008 foi publicada por SEGATUR unha magnífica colección de 24 libros sobre rutas para camiñar por Galicia facendo montañismo e sendeirismo (edición só en lingua castelá). Estes libros foron distribuidos por Ediciones Nobel e vendidos conxuntamente con diferentes xornais galegos. En cada exemplar pódense atopar descricións das comarcas e concellos visitados (historia, monumentos, natureza, etc), indicacións en rutas (distancia, horarios, percorrido, etc), fotografías, mapas, gastronomía e datos de interese (comunicacións, accesos, comida, aloxamento e teléfonos importantes).

Para adquirir os libros debe contactar con Ediciones Nobel.

Escapada: Propoñémosche unha fin de semana en...
Goza dunha visita virtual polos seu encantos, pulsa aquí.


Para descargar os tracks dalgunhas destas rutas, pulsa aquí.


FOLLETOS PUBLICADOS DE RUTAS HOMOLOGADAS

As rutas homologadas galegas deben ter, obrigatoriamente, un folleto divulgativo que cumpre cunha serie de normas de deseño.
A uniformidade de formato, tamaño e deseño ten por obxecto distinguilas facilmente como rutas homologadas e de calidade.
Estes estándares están baseados nas normas que rexen en toda España, polo que calquera turista identificará perfectamente o formato e o tipo de ruta que publicita.
SEGATUR oferta contidos e formatos acomodados ó tipo de ruta e sempre cumpre cun deseño que contén toda a información obrigatoria e relevante da senda ou ruta.

Invitámoslles a que descarguen os deseños xa publicados, sempre para uso persoal. Tódolos deseños realizados por SEGATUR están rexistrados e precisan da nosa autorización para modificacións ou edicións. Este control é o que garante que sempre se cumpra coas normas sobre estas publicacións.

Deseños publicados realizados por SEGATUR

BOLETÍNS INFORMATIVOS PUBLICADOS MENSUALMENTE

Accede ás publicacións mensuais de noticias de SEGATUR. Unha maneira de coñecer tódalas novidades do sendeirismo.

Boletíns informativos mensuais por SEGATUR


















 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com