Inicio >> Segatur |
SEGATUR é a primeira e máis recoñecida empresa galega de SENDEIRISMO e a que ten máis Técnicos de Sendeiros titulados pola Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada.
A nosa empresa é o referente en Galicia nas rutas sendeiristas de
calidade, con produtos e servizos altamente especializados, respectando
a contorna natural e mimando os detalles que dan valor ós sendeiros.
A empresa SEGATUR iniciou as súas actividades no ano 1992, con tres ideas básicas:
1ª) Centrar a súa actividade en todo tipo de servizos e asistencias técnicas relacionadas co
turismo e en especial co sendeirismo.
2ª) Crecer de forma controlada. Dende a súa constitución
o crecemento foi ascendente, baseado sempre na posibilidade de realizar os traballos de acordo co
persoal e medios dispoñibles.
3ª) Manter un cadro de recursos humanos
suficiente, axustado e eficaz que se sinta vinculado á
empresa e apoiado por esta, á vez que fortemente
comprometido para acadar os obxectivos que en cada caso se fixan.
SEGATUR optou pola especialización e
é a primera empresa galega que ten Técnicos
Titulados en Sendeirismo pola Federación Española de
Deportes de Montaña e Escalada (FEDME). Isto, unido á capacidade de deseñar, fabricar, instalar, conservar e
mantener os sinais e os sendeiros que ofertamos,
convértenos hoxe nunha empresa de
características inigualables en toda Galicia.
Dende 2008 tamén as rutas BTT:
Debido a unhas colaboracións estratéxicas con empresas de fóra de Galicia, importamos unha forma de entender as rutas para bicicletas de montaña (BTT) que principalmente estaban restrinxidas a zonas mediterráneas de forte tirón turístico. Pero Galicia agora posúe tamén estes Centros BTT que tan bo resultado están acadando. Somos a empresa pioneira neste produto e dispoñemos de materiais e coñecementos sobrados para implantar estes percorridos coa máxima garantía.
EQUIPOS DE MEDICIÓN E NAVEGACIÓN
Posuímos un variado conxunto de equipamentos para a medición e navegación: múltiples GPS's, altímetros, compases magnéticos de precisión, rodas topográficas, etc.
Dispoñemos dunha ampla cartografía actual e histórica en papel e da totalidade de Galicia en formato dixital para uso
interno.
Software especializado para traballar con planos, calibración de fotografía aerea, creación de modelos e planos con 3 dimensións, e elaboración de planimetría propia.
EQUIPOS DE ACTUACIÓN
Ordenadores portátiles (PDA con GPS) e potentes equipos informáticos de oficina, cámaras analóxicas e dixitales de alta definición, cámaras con GPS incorporado e software de xeoetiquetado fotográfico, sistemas de escanado e impresoras A3, mesa de planos con tecnígrafo, etc.
MAQUINARIA DE TALLER E OBRAS
Dispomos dun obradoiro con todo o material necesario para a elaboración dos sinais e paneis, así como de estruturas como pasarelas, cercados, etc.
Dispomos dunha máquina semi-automática de pintado de rondinos con sinais de continuidade.
Maquinaria individual de roza e roupa de protección.
Ferramentas para perforación e colocación de sinais...
|
|
||||||||
Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso
Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com
webmaster@segatur.com