SEGATUR
  Inicio   >>  Servizos
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

EDS (Estudo de Definición de Sendeiro)

EDS (Estudos de Definición de Sendeiros) - Documentación obrigatoria dende o ano 2008 para solicitar a homologación dunha ruta sendeirista. En SEGATUR estamos autorizados para presentar estes documentos ante a Federación Galega de Montañismo (FGM).

Nota: as marcas de GR e PR son marcas rexistradas en España pola FEDME e ninguén as pode usar sen o seu permiso. En Galicia o permiso é xestionado a través da FGM.

Un EDS (Estudo de Definición de Sendeiro) é un proxecto para a creación e realización dunha senda homologada ou unha rede, sexa do tipo que sexa, e deberá conter a información, como mínimo, dos seguintes aspectos:
1. Identificación do promotor.
2. Exposición da xustificación ou dos obxectivos, que levan á proposta da homologación dun sendeiro.
3. Identificación dos elementos de interese, ou dos valores, que están asociados ó mesmo.
4. Descrición dos percorridos.
5. Información sobre servizos.
6. Representación sobre unha base cartográfica dunha escala mínima 1:50.000 para GR e de 1:25.000 para PR-G.
7. Permisos emitidos polo ente ou autoridade pública competente, para a colocación dos sinais e desenvolvemento doutros traballos, se se sitúan sobre viarios públicos.
8. Permisos para a colocación dos sinais, para o desenvolvemento doutros traballos e permiso de paso, se se sitúan nun viario privado
9. Documento que reflicta o compromiso de mantemento.
10. Valoración económica dos traballos.
11. Exposición da regulación de paso, sexa temporal ou por aforamento, polos carreiros propostos. Deberase especificar a causa legal, científica ou técnica que sostén a regulación.
12. Estratexia de divulgación: topoguía, paneis, etc.
A FEDME pode elaborar un protocolo técnico que desenvolva os contidos, partes e circunstancias dos proxectos, e que será de aplicación xeral. As federacións autonómicas - como a galega - poden elaborar documentos similares que amplíen o enunciado pola federación española, adaptándoos ás súas circunstancias.


OUTROS TRABALLOS

Topoguías e libros.
Publicacións descritivas dos sendeiros e rutas.
Servizos Técnicos: Informes, mapas, web, etc.
Servizos Forestais: Acondicionamento de rutas, mantemento de sendas, etc.


 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com