SEGATUR
  Inicio   >>   Produtos
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  



PANEIS:

SEGATUR oferta paneis de múltiples configuracións e tamaños. Adaptados a cada contorna natural, vistosos e integrados na paisaxe.
Poden ser simples, con ou sen tellado, con información en ambas caras ou nunha.
Feitos con materiais da máis alta calidade.
Madeiras de produción regulada e europea. Madeiras protexidas con tratamentos para intemperie (Risco IV) de longa duración.
Tellados asfálticos en diversas cores e termo-adheridos.
Frontes de policarbonato irrompibles.





FRECHAS E POSTES:

SEGATUR dispón dunha ampla e dilatada traxectoria no deseño e elaboración de frechas e postes, en especial para sendeiros homologados.
Sinais adaptados a cada medio, vistosos e asimilados na contorna das rutas. Poden ser de madeira, de resina de alta densidade, de contrachapeado fenólico; poden ir gravados ou pintados, etc.
Feitos con materiais da máis alta calidade. Con sistemas de suxeición en aceiro. Madeiras de produción europea regulada e protexidas con tratamentos para intemperie (Risco IV) de longa duración.





SINAIS ESPECIAIS PARA BTT:

SEGATUR deseña e elabora sinais especiais para os Centros BTT de Galicia.
A partires da experiencia en sendas e froito dunha asociación estratéxica entre empresas, aportamos o noso traballo nos deseños deste novo produto turístico potenciado pola Xunta de Galicia.
Feitos con materiais da máis alta calidade. Con sistemas de suxeición en aceiro. Pranchas de resinas gravadas e conformadas. Madeiras de produción europea regulada. Madeiras protexidas con tratamentos para intemperie (Risco IV) de longa duración.




OUTROS:

As veces a natureza e o home presentan obstáculos que debemos superar.
Grandes pendentes, pechados para gando, lugares de acceso restrinxido.
En SEGATUR estudamos cada caso e buscamos a solución máis adecuada ó mesmo.
Pasarelas, pasos canadenses, pasos anti-gando, pasos elevados, escaleiras, etc.
Tamén dotamos parques forestais, miradoiros, etc.








 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com