SEGATUR
  Inicio   >>   Produtos  >>   Frechas e Postes
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

FRECHAS:

As frechas son un dos elementos máis vistosos das rutas: dan indicacións de direccións, de distancias, de lugares interesantes, etc.
Dados os seus múltiples usos e a diferenza dos lugares para colocalos, dende xa hai bastantes anos, temos diversas opcións adaptadas a cada caso.
Podemos ter o poste de suxeición máis alto para unha ou máis frechas; pode ser de sección cadrada ou redonda; sempre en función do lugar a instalalos.
Pero as frechas tamén poden ser de madeira, de resina de alta densidade, de contrachapeado fenólico; poden ir gravadas ou pintadas, etc. Sempre con remates de calidade, con sistemas de suxeición en aceiro pintados ou ocultos para que a frecha só destaque polo seu contido.

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

POSTES:

Os postes de sección circular (os “rondinos”) son os elementos máis recoñecibles como sinais sendeiristas. Son simples, económicos e fáciles de transportar e colocar nos máis diversos lugares.
Hai sinais de continuidade, de non continuidade, de xiro e de balizamento específicas para cruzamentos de camiños e sendas.
Sen embargo non todos os postes son iguais. En SEGATUR mantemos un formato e unha calidade que cumpre á perfección coas normas de homologación de rutas sendeiristas.

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

SINALIZACIÓN VERTICAL:

Moitas veces os sinais necesitan ser visibles e as marcas de pintura sobre soportes naturais non son suficientes. Aquí temos moitas opcións para aplicar: sobre paredes, sobre postes de electricidade ou telefonía, ou sobre postes instalados con ese propósito.
Cada circunstancia terá unha solución. A experiencia de SEGATUR dará coa solución máis eficiente.

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player




 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com