SEGATUR
  Inicio   >>  Novas
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

NOTICIAS


Noticias || Marzo 2013

Sendeirismo ¿ocio ou negocio?, no novo número da revista Decisión

Este é o suxerinte título dun dos catro traballos de investigación publicados no novo número da revista Decisión, a publicación editada pola EU de Estudos Empresariais na que se recollen traballos inéditos relativos ao campo empresarial.
Nesta ocasión son catro os títulos recollidos, dous nos que se afonda na relación entre turismo e deporte, outro sobre comunicación intercultural e a estreita relación entre lingua e comercio e un cuarto traballo de carácter moito máis específico no que se achega un modelo de cálculo de custos para un matadoiro .

Polo que se refire ao caso particular da actividade deportiva do sendeirismo, a profesora de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, Lorena Rodríguez Campo, e o cofundador e responsable de Desenvolvemento e Xestión de Proxectos de Turismo de Ambulare, Manuel Rodríguez, autores do estudo, non dubidan en afirmar que existe unha importante conexión entre ocio e negocio e, en concreto, apuntan a conveniencia de incorporar ambas facetas a un mesmo proceso no que, tanto a iniciativa privada como a xestión pública son necesarias e “claramente complementarias” ao igual que acontece na maioría de actividades económicas con carácter estrutural. 

Ver noticia en:
duvi.uvigo.es...















VOLVER

 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com