SEGATUR
  Inicio   >>  Novas
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

NOTICIAS


Noticias || Decembro 2014

Novas rutas SEGATUR- Concello de Pontedeva (Ourense)

Coñecer as fermosas paisaxes do Concello de Pontedeva pode ser moi enriquecedor se o facemos camiñando polas dúas sendas que percorren estas terras bañadas polos ríos Miño e Deva. Se enlazamos ámbalas rutas, ampliamos as posibilidades de gozar dunha magnífica contorna. A través do sendeiro homologado PR-G 175 visitaremos lugares emblemáticos deste municipio, seguindo en gran parte por antigos carreiros e camiños tradicionais. Ascendendo ata a Ermida de San Xusto, o punto máis alto, poderemos deleitarnos coas magníficas vistas sobre estas terras do Ribeiro. En Ponte Ballote está a conexión do PR-G 175 co PR-G 176 “Ruta do Río Deva”; o percorrido deste último sendeiro permite gozar da visión de antigas obras hidráulicas tradicionais, outrora moi importantes: muros de contención, levadas e muíños. É un trazado de lene pendente, que vai devagar por antigas sendas de pescadores, rodeado constantemente dunha vexetación densa e refrescante.





Máis información sobre as rutas:
www.segatur.com/prg175

www.segatur.com/prg176

VOLVER

 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com